Mostrando entradas con la etiqueta Act. complementarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Act. complementarias. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de mayo de 2021

PRAZA DE ABASTOS

 As mestras pensamos que adquirir coñecementos nas aulas é moi importante para a  formación académica e persoal do noso alumnado, pero non menos importante é coñecer a nosa cultura, tradicións e formas de vida.

Por esta razón hoxe visitamos a praza de abastos municipal de Pontevedra onde Manoli ou Rocio entre outras nos mostraron peixes variados, como distinguir peixe branco do azul, centolas machos das femias,...











Co taller do GANAPÁN  divertímonos  xogando e aprendendo.













lunes, 30 de noviembre de 2020

OFICIOS E PROFESIÓNS

 Estamos a traballar os oficios e profesións e para falar deste tema pedimos colaboración ás familias do alumnado. Desde aquí queremos agradecervos a vosa participación.

  • Empezamos con Paula, mamá de Diego que contou maravillosamente o que fai un arquitecto técnico. Ademais facilitounos un montón de materiais que nenas e nenos puideron manipular para coñecer ben. Moitísimas grazas!


         

  • Continuamos con Raquel, mamá de Miriam que compartiu con nós a súa profesión de Pediatra. Falounos tanto das enfermidades máis frecuentes entre nenos e nenas  como  da vixiancia periódica que se fai para que medren o mellor posible. Tamén tivemos a oportunidade de ver o material de uso máis frecuente.Moitísimas grazas!
Hoxe lunes 30 de novembro, visitounos a nai de Jairo, psicóloga, para faltarnos da relación desta ciencia con outros campos como o da educación ou da publicidade. Tivemos tamén ocasión de adentrarnos nos misterios do sistema nervioso central e averiguar por qué o cerebro semella o"director" do noso corpo e dos nosos sentimentos.
Moitísimas grazas!

 

                                              


*  A última intervención polo de aora foi a dos papás de Xaquín que nos contaron da importante labor que fai UNICEF.

Tamén nos contaron as súas experiencias en temas relacionados cos ODS tan presentes agora mesmo na sociedade e na escola.

Grazas por vir e por axudarnos a entender a importancia de coidar o mundo que nos rodea.