miércoles, 19 de mayo de 2021

PRAZA DE ABASTOS

 As mestras pensamos que adquirir coñecementos nas aulas é moi importante para a  formación académica e persoal do noso alumnado, pero non menos importante é coñecer a nosa cultura, tradicións e formas de vida.

Por esta razón hoxe visitamos a praza de abastos municipal de Pontevedra onde Manoli ou Rocio entre outras nos mostraron peixes variados, como distinguir peixe branco do azul, centolas machos das femias,...











Co taller do GANAPÁN  divertímonos  xogando e aprendendo.













miércoles, 14 de abril de 2021

PROXECTO 3º TRIMESTRE

 Adiviña, adiviñanza, en torno a que xira o noso novo proxecto?


Seguro que xa o adivinastes "Camiño de Santiago" .
Pois empezamos con unha saída para facer un tramo do camiño ao seu paso por Pontevedra. Empezamos na Peregrina e rematamos na "Ponte do Burgo".
Atentos ás explicacións da profe Mari Carmen

Continuamos pola antiga PORTA DE TRABANCOS

Rematamos na ponte de Santiago.









lunes, 8 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Despois dun duro ano de confinamento que nos obrigou a distanciarnos das persoas ás que tanto queremos decidimos adicar esta edición do Día da Muller a alguén moi especias. AS AVOAS.

Compartimos a canción de Migallas MIÑA ABUELA MANUELA.


Tamén vos deixamos algunhas fotos dos traballos que estivemos facendo












lunes, 25 de enero de 2021

SEMANA 25 AO 29

 Ola!!! VENRES 29 conmemoramos O DÍA DA PAZ.



Desde casa podedes axudarnos escribindo co WORD a mensaxe "UN TRAXECTO MOI PERSOAL" cambiando fontes, cores e tamaños.

Enviádeo a isaferrer@edu.xunta.es xa o imprimo eu. https://eduxunta.webex.com/meet/isaferrer Número sala personal 842-606-598

 Horario de 10:00 a 13:00, mércores, xoves e venres.

Biquiños,Isa

miércoles, 20 de enero de 2021

DíA DA PAZ

Semana 21 a 29 de xaneiro

 Este ano adicaremos o Día da Paz a unha muller que decidiu loitar por un mundo máis xusto

 ¿QUIEN FUE ROSE PARKS?

lunes, 30 de noviembre de 2020

OFICIOS E PROFESIÓNS

 Estamos a traballar os oficios e profesións e para falar deste tema pedimos colaboración ás familias do alumnado. Desde aquí queremos agradecervos a vosa participación.

  • Empezamos con Paula, mamá de Diego que contou maravillosamente o que fai un arquitecto técnico. Ademais facilitounos un montón de materiais que nenas e nenos puideron manipular para coñecer ben. Moitísimas grazas!


         

  • Continuamos con Raquel, mamá de Miriam que compartiu con nós a súa profesión de Pediatra. Falounos tanto das enfermidades máis frecuentes entre nenos e nenas  como  da vixiancia periódica que se fai para que medren o mellor posible. Tamén tivemos a oportunidade de ver o material de uso máis frecuente.Moitísimas grazas!
Hoxe lunes 30 de novembro, visitounos a nai de Jairo, psicóloga, para faltarnos da relación desta ciencia con outros campos como o da educación ou da publicidade. Tivemos tamén ocasión de adentrarnos nos misterios do sistema nervioso central e averiguar por qué o cerebro semella o"director" do noso corpo e dos nosos sentimentos.
Moitísimas grazas!

 

                                              


*  A última intervención polo de aora foi a dos papás de Xaquín que nos contaron da importante labor que fai UNICEF.

Tamén nos contaron as súas experiencias en temas relacionados cos ODS tan presentes agora mesmo na sociedade e na escola.

Grazas por vir e por axudarnos a entender a importancia de coidar o mundo que nos rodea.






miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VOLENCIA NA RÚA

 


Non queremos formar parte dese silencio. As rúas da nosa cidade axudáronnos hoxe a levantar a voz e a visualizar que TODOS podemos facer algo contra a violencia de xénero.
Despois dun paseo no que lemos a cartelería instalada na cidade reflexionamos na aula e fixemos un  mural.