lunes, 30 de noviembre de 2020

OFICIOS E PROFESIÓNS

 Estamos a traballar os oficios e profesións e para falar deste tema pedimos colaboración ás familias do alumnado. Desde aquí queremos agradecervos a vosa participación.

  • Empezamos con Paula, mamá de Diego que contou maravillosamente o que fai un arquitecto técnico. Ademais facilitounos un montón de materiais que nenas e nenos puideron manipular para coñecer ben. Moitísimas grazas!


         

  • Continuamos con Raquel, mamá de Miriam que compartiu con nós a súa profesión de Pediatra. Falounos tanto das enfermidades máis frecuentes entre nenos e nenas  como  da vixiancia periódica que se fai para que medren o mellor posible. Tamén tivemos a oportunidade de ver o material de uso máis frecuente.Moitísimas grazas!
Hoxe lunes 30 de novembro, visitounos a nai de Jairo, psicóloga, para faltarnos da relación desta ciencia con outros campos como o da educación ou da publicidade. Tivemos tamén ocasión de adentrarnos nos misterios do sistema nervioso central e averiguar por qué o cerebro semella o"director" do noso corpo e dos nosos sentimentos.
Moitísimas grazas!

 

                                              


*  A última intervención polo de aora foi a dos papás de Xaquín que nos contaron da importante labor que fai UNICEF.

Tamén nos contaron as súas experiencias en temas relacionados cos ODS tan presentes agora mesmo na sociedade e na escola.

Grazas por vir e por axudarnos a entender a importancia de coidar o mundo que nos rodea.






No hay comentarios:

Publicar un comentario